Flora, a túa floristeira de garda
Está esperta ás tres da mañá e fala seis idiomas. Axúdache a elixir, dáche o que custa de verdade e, se queres, déixache o pedido feito.
Ola, son Flora. Axúdoche a escoller?
Que fai por ti
Axúdache a elixir
Dille a ocasión, para quen é e canto queres gastar. Busca no catálogo REAL —máis de 17.000 flores e plantas— e proponche o que encaixa, co seu prezo e a súa ficha. Non inventa produtos.
Dáche o prezo exacto
Nada de «desde». Calcula o desglose real do teu pedido co envío incluído antes de que decidas nada: 10 € a España, 15 € a Francia e Portugal.
Déixache o pedido feito
Co enderezo, a data de entrega, a franxa e a mensaxe da tarxeta. Dáche o teu número de pedido e págalo cando queiras, cos métodos de sempre.
Próbaa aquí mesmo
Non fai falta que creas o que pon nesta páxina. Pregúntalle algo e veríalo.
Como funciona
- 1
Cóntallo
«Un ramo bonito para o aniversario de miña nai, menos de 40 €, que chegue o xoves.»
- 2
Repasa
Amósache opcións reais e o total con envío. Ti decides; nada se pecha sen a túa confirmación.
- 3
Paga cando queiras
O pedido queda gardado co seu número. Págalo no momento ou máis tarde, desde a túa ligazón.
Non pecha
Flora non ten horario nin festivos. Ás tres da mañá dun domingo atende igual ca un martes pola mañá.
Fala o teu idioma
Español, francés, portugués, catalán, galego e éuscaro. O que uses ti.
Próbaa
O peor que pode pasar é que che axude a elixir un ramo.



